
A axenda online que usan as barberías que xa non queren xestionar citas por WhatsApp. 15 €/mes, sen comisións, feito en Galiza.
O problema
Cortando un cliente e outros tres escribindo para pedir cita. Perdes reservas mentres traballas.
Un cliente que se esquece = 15–25 € perdidos. Dous que coinciden = desculpas e reputación rota.
Non sabes que barbeiro factura máis, que día rende menos, nin quen é o teu cliente fixo.
Como funciona
A túa ligazón (obarbeiro.es/book/a-tua-barberia) vai na túa bio de Instagram. Cliente reserva en 3 toques.
O cliente recibe un recordatorio automático o día antes. Menos non-shows, menos dor de cabeza.
Axenda por barbeiro, quendas, servizos específicos. Cada un ve a súa axenda dende o seu móbil.
Prezos simples
Proba gratis 30 días. Sen tarxeta.
Básico
+ IVE — Cancela cando queiras
Sen tarxeta de crédito
Premium
+ IVE — Cancela cando queiras
Para barberías con máis de 2 locais

As preguntas que nos fan os barbeiros galegos, respondidas.
Si. O 40% de barberías en Galicia son dunha soa cadeira. O produto funciona igual: a túa ligazón, as túas citas, os teus recordatorios automáticos. Pagas 15 €/mes, sen sobrecustos por empregado.
Non precisan app. Reservar é darlle á ligazón e escoller hora — máis doado que mandar un WhatsApp. E os clientes fixos poden seguir chamándote ou entrando: non muda nada para eles, só facilita captar clientes novos.
Si, en uns 30 minutos. Pásasnos os datos por WhatsApp e metémolos. Aos clientes con WhatsApp envíamoslles unha mensaxe coa ligazón para que reserven a partir de agora.
Non. Tarifa fixa de 15 €/mes, sen comisións por reserva nin por pagamento online. Fresha cóbrache por cada pagamento online (~1,99 %); nós non. Se cobras 50 pagamentos online ao mes, Fresha sáeche ~5× máis caro.
Non. oBarbeiro é a túa axenda, non un directorio. Ninguén ve "outras barberías preto" dende a túa ligazón. O teu cliente = o teu cliente. Booksy e Treatwell monetizan amosando competencia ao teu carón; nós non.
Si. Sen permanencia nin penalización. Cancelas dende o teu panel e segues usándoo ata fin de mes. Descargas os teus datos cando queiras.
30 días gratis, sen tarxeta. Cancela cando queiras.
Crear conta gratis